by Rosalia de Castro (1837 - 1885)
Sin niño
Language: Galician
Por montes e campías, camiños e espranadas, Vén unha pomba soia, soia de rama en rama. Síguena as probes crías, sedentas e cansadas, sin que alimento atope pra darlles a bicada. Trai manchadas as prumas, que eran un tempo brancas, trai muchas e rastreiras i abatidas as alas. ¡Ai!, probe pomba, un tempo tan querida e tan branca. ¿Onde vai o teu brilo?... ¿O teu amor, onde anda?
Authorship:
- by Rosalia de Castro (1837 - 1885), "Sin niño" [author's text checked 1 time against a primary source]
Musical settings (art songs, Lieder, mélodies, (etc.), choral pieces, and other vocal works set to this text), listed by composer (not necessarily exhaustive):
- by Elsa Calcagno (1910 - 1978), "Sin niño", 1963 [voice and piano], from Tres poemas galegos, no. 2. [text not verified]
Researcher for this text: Emily Ezust [Administrator]
This text was added to the website: 2010-05-06
Line count: 16
Word count: 68