by Anonymous / Unidentified Author
María Balteira Matches base text
Language: Galician
Loubar eu loubara, María Balteira, túa saia leda, que acarón da morte, ô vela na danza semellando pombas redor d'un pombal, facía que aqueles barbudos sorriran. Aqueles labregos da morte querreira, carballos antergos, varós, desta terra, destes pobos todos que chaman España, desde aqueles tempos que a tallou a espada. Loubar eu loubara, María Balteira. Túa saia leda, tan leda que tola â xente deixabas, d'amores sinprendas: peitos de folía, nin moêda moura, nin prenda d'amor, nin prenda de conta. Mala perdedora, bôa bailadora c'o lume nos ollos, i-o aire nos pés, ¡e nas maos a lúa a facer lilailas, lixeiras gaviotas, ladrôas amadas! O démo do inferno, María Balteira, cando veu a España, por xogar contigo perdeu a soldada. ¡Por ganalo a él perdeches a i-alma! ¡Loubar eu loubara, Maria Balteira, túa saia leda! Eu loubar loubara, si os cás dos xograres que tí desamaras, vindo da fronteira non me dentellaran no peito as loubanzas: ¡Ley de xograría me chama a silencio! Si non fora aquelo de xogar co démo, e partir o viño con tantos meleiros, faría tensón cos meus compañeiros, María Balteira. Tí sábelo, eu sey, que loubar lobara túa aia sin ley. ¡Túa saia leda que non loubarey! Túa saia leda que non loubarán: con frior de seda e quentar de lán.
Composition:
- Set to music by Julián Bautista (1901 - 1961), "María Balteira", op. 18 no. 4 (1946) [ soprano, flute, oboe, clarinet, viola, violoncello, and harp ], from Catro poemas galegos : María Pita e tres retratos medievaes, no. 4
Text Authorship:
- by Anonymous / Unidentified Author
Go to the general single-text view
Researcher for this text: Emily Ezust [Administrator]
This text was added to the website: 2010-05-09
Line count: 30
Word count: 216