by Rosalia de Castro (1837 - 1885)
Corre o vento, o río pasa
Language: Galician
Corre o vento, o río pasa. Corren nubes, nubes corren camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo; vanse todos, eu me quedo sin compaña nin amigo. Eu me quedo contemprando as laradas das casiñas por quen vivo suspirando. Ven a noite…, morre o día, as campanas tocan lonxe o tocar da Ave María. Elas tocan pra que rece; eu non rezo, que os saluocos afogándome parece que por min tén que rezar. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.
About the headline (FAQ)
Text Authorship:
- by Rosalia de Castro (1837 - 1885), no title, appears in Cantares gallegos, in 9. Campanas de Bastabales, no. 5 [author's text checked 1 time against a primary source]
Musical settings (art songs, Lieder, mélodies, (etc.), choral pieces, and other vocal works set to this text), listed by composer (not necessarily exhaustive):
- [ None yet in the database ]
Researcher for this text: Emily Ezust [Administrator]
This text was added to the website: 2021-03-10
Line count: 19
Word count: 83