by Rosalia de Castro (1837 - 1885)
Esos varios sendeiros das montañas
Language: Galician
Esos varios sendeiros das montañas ós fondos vales cán... Aló enriba, o sun sun dos pinos bravos; en baixo, a doce paz. Na cima, crara luz, aires purísimos, salvaxen soledá, romores misteriosos que despertan pensamentos de brava libertá, perfumes penetrantes, que deseios loucos e estraños dan. En baixo, amante calma, cariñosas brisas que ó rebuldar por antre as follas, nas súas alas traen romores da siudad, eco dalgunha voz fresca e sonora de timbre virxinal, da campana da aldea o cramoroso, prolongado soar, da presa do moíño o ronco estrondo, i o batidor compás da lavandeira que cos brancos liños contra unha pedra dá.
About the headline (FAQ)
Text Authorship:
- by Rosalia de Castro (1837 - 1885), no title, appears in Follas novas, in ¡Terra a nosa!, no. 5, first published 1880 [author's text checked 1 time against a primary source]
Musical settings (art songs, Lieder, mélodies, (etc.), choral pieces, and other vocal works set to this text), listed by composer (not necessarily exhaustive):
- [ None yet in the database ]
Researcher for this text: Emily Ezust [Administrator]
This text was added to the website: 2010-05-08
Line count: 22
Word count: 104