by Rosalia de Castro (1837 - 1885)
Eu levo unha pena
Language: Galician
Eu levo unha pena gardada no peito; eu lévoa, e non sabe ninguén por que a levo. Orelas vizosas do Miño sereno, onde o paxariño ten o seu espello, i antre as margaridas pacen os cordeiros, vós soias sabedes o meu sentimiento. Cabo dunha pena onde mana un rego, á sombra dun pino manso e xigantesco que soberbo brama cando o move o vento, coma nun sepulcro dorme o meu sacreto. Mais, anque alí dorme, vive en min desperto. Eu levo unha pena gardada no peito, tamaña, tamaña, bon Dios, que n'a rexo. ¡Quen me dera, orelas do Miño sereno, ser un daqués cómaros que en vós tén asento! Sin medo e sin penas, de vran e de inverno un sigro tras doutro morara onde eu quero... ca veiga por pazo co espazo por teito.
Text Authorship:
- by Rosalia de Castro (1837 - 1885), appears in Follas novas, first published 1880 [author's text checked 1 time against a primary source]
Musical settings (art songs, Lieder, mélodies, (etc.), choral pieces, and other vocal works set to this text), listed by composer (not necessarily exhaustive):
- by Juan José Castro (1895 - 1968), "Eu levo unha pena", 1948 [ voice and piano ], from Dos canciones de Rosalía de Castro, no. 2 [sung text not yet checked]
Researcher for this text: Emily Ezust [Administrator]
This text was added to the website: 2010-05-08
Line count: 36
Word count: 135